Sunday 28 de April de 2024

Sanidade certifica que 32 das 42 praias das Comarcas de Carballo e Costa da Morte teñen unha calidade de auga excelente


Nas praias das comarcas 6 obtiveron a cualificación de boa, 2 de suficiente e outras 2 de insuficiente
A Delegación Territorial da Xunta na Coruña informou que a Consellería de Sanidade outorgou unha cualificación de excelente a 32 das 42 praias da área metropolitana da Coruña. Os resultados das análises, que a Xunta realiza de forma periódica, foron moi positivos xa que todas as praias da área son aptas para o baño menos dúas en Cee as de Estorde e Lires que obtiveron a cualificación de insuficente. Ademais da cualificación de 32 excelentes, outras 6 teñen un distintivo de ben e outras 2 obtiveron un resultado de suficiente.

En canto ás praias de Caranza, de Ferrol e Sardiñeiro, de Fisterre, que foran retiradas do control sanitario en 2016 por obter 5 anos consecutivos calidade Insuficiente, por mor das obras de mellora pasaron a ter a clasificación de excelente. Ambas pasan a ser controladas, pero de momento están fóra do censo.

No ámbito da provincia da Coruña hai un total de 225 zonas de baño, 213 marítimas e 12 continentais en 47 concellos. Das cales 172 obtiveron o cualificación de Excelente, 16 praias máis que na tempada anterior, cualificación de Buena, 34 praias, Suficiente, 13 praias e Insuficiente, 6 arenais. A nosa provincia tamén conta con 45 praias de 27 concellos participando na “Rede Galega de Praias sen Fume” nas cales non se pode fumar en todo o areal, nun programa de adhesión voluntario con fin educativo, de promoción da saúde e protección do medio ambiente.

A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade executa o “Programa Vixilancia Sanitaria das zonas de baño” . A tempada de baño empeza o 1 de xuño e dura ata o 30 de setembro. Recóllense un total de 10 mostras, unha antes do inicio da tempada e outras 9 ao longo da mesma. A xefatura territorial de Sanidade remite a todos os concellos afectados a información relativa á calidade das augas do seu municipio.
Na páxina web de la Consellería de Sanidade pódese consultar toda esta información, cun mapa de todas as zonas de baño controladas onde se informa dos resultados das análises microbiolóxicos quincenais ao largo da tempada, a clasificación sanitaria de cada zona de baño, os informes técnicos ao final de cada temporada e outras informacións de interese.